VII Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas

Bibliotecas Públicas, conectados contigo
Data: 
Desde mércores, 12 de novembro de 2014 ata venres, 14 de novembro de 2014
Lugar: 
Badaxoz

A Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais e de Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria organiza o VII Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas que se celebrará en Badaxoz os días 12, 13 e 14 de novembro de 2014, baixo o lema "Bibliotecas Públicas, conectados contigo".

As bibliotecas ocupan un espazo próximo á comunidade á que serven, tendo que adaptar os seus servizos constantemente nunha sociedade sempre cambiante. A biblioteca pública fíxose máis participativa, máis solidaria, soubo dar resposta ás necesidades adquiridas por uns usuarios con máis competencias tecnolóxicas e poñer en valor a súa valiosa tarefa na realidade que nos rodea. Sobre estes asuntos xirarán os relatorios e comunicacións, os debates e boas prácticas deste Congreso.

Ademais de comunicacións e vídeos, como novidade este VII Congreso ofrece a posibilidade de presentar apps, aplicacións desenvolvidas polas bibliotecas para poder ofrecer os servizos a través de dispositivos. Nesta edición, ademais, realizarase un concurso que premie o vídeo máis votado polos asistentes ao Congreso, o cal proxectarase o último día, antes da clausura.

Máis información