Simposio sobre Mobile Learning
![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/styles/node_axenda/public/simposio_mobile_learning.jpg?itok=z6aaHYwx)
Atender ás diferenzas individuais do alumnado, á marxe da súa idade, é o gran reto da escola moderna. A escola non pode manterse á marxe ou evolucionar a un ritmo máis lento ca o mundo que a rodea, porque un dos seus cometidos é formar cidadáns que poidan integrarse e responder ás demandas que a sociedade lles esixe, exhibindo as competencias dixitais que deles se esperan.
Por isto, neste simposio Mobile Learning abórdanse as cuestións máis actuais en canto ao desenvolvemento das tecnoloxías adecuadas ao traballo da escola, desde estratexias para o desenvolvemento dunha cultura tecnolóxica ata as principais innovacións metodolóxicas para a aula, de modo que se poida responder personalizadamente ao potencial e necesidades de aprendizaxe de cada un dos seus escolares.
Tamén se analizan as posibilidades e retos que as tecnoloxías móbiles e os recursos dixitais máis actuais presentan hoxe en día, co fin de promover unha escola máis adaptada ás necesidades persoais dos seus alumnos e lograr un desenvolvemento óptimo de cada escolar.
Máis información na WEB