Programa Talento 3.0.

Data: 
Desde luns, 19 de maio de 2014 ata venres, 6 de xuño de 2014
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Fundación Barrié, a través de EducaBarrié, en colaboración coa Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela, organiza o Programa Talento 3.0. Trátase dun programa educativo orientado a mellorar a formación do profesorado na atención do alumnado con altas capacidades, ofrecendo formación baseada nalgúns dos modelos científicos máis recoñecidos e válidos pero adaptados á nosa realidade educativa, económica e cultural.

A temporalización deste programa de formación docente divídese en tres fases diferenciadas:

  • Xornadas de divulgación: do 28 ao 30 de abril de 2014
  • Formación de formadores: do 19 ao 22 de maio de 2014. Selección de dez profesores de primaria e secundaria para ser formados por persoal cualificado como titores do programa Talento 3.0 na seguinte fase.
  • Formación de docentes: do 3 ao 6 de xuño de 2014. Curso intensivo de catro días dirixido a formar a 50 profesores de primaria e secundaria.

 

Máis información na WEB