Intervención emocional e de conduta nas dificultades de aprendizaxe
Data:
sábado, 29 de novembro de 2014
Lugar:
Santiago de Compostela
INTEGRATEK, empresa dedicada a formar, sensibilizar e dar os mellores recursos tecnolóxicos para integrar a todas aquelas persoas con algunha dificultade de aprendizaxe como dislexia ou TDAH, organiza o sábado 29 de novembro de 2014 no Colexio La Salle de Santiago de Compostela, o curso Intervención emocional e de conduta nas dificultades de aprendizaxe. O obxectivo é ofrecer ferramentas prácticas de intervención para os profesionais da educación que se enfrontan con nenos e adolescentes afectados por DEA. Afondarase no método de intervención e proporcionaranse metodoloxías de análise e cambio. Tamén se expoñerán casos prácticos e facilitarase a interacción e as preguntas sobre casos concretos achegados polos asistentes.