II Congreso Internacional de Innovación Docente

Data: 
Desde xoves, 20 de febreiro de 2014 ata venres, 21 de febreiro de 2014
Lugar: 
Universidade de Murcia

A Universidade de Murcia e a Universidade Politécnica de Cartagena presentan o II Congreso Internacional de Innovación Docente no Campus de Excelencia Internacional Mare Nostrum, co fin de impulsar o intercambio de experiencias de innovación docente para mellorar a investigación e a ensinanza na universidade.

Celebrarase os días 20 e 21 de febreiro na Universidade de Murcia.
Os obxectivos deste II Congreso Internacional de Innovación Docente son:

  • Proporcionarlle ao profesorado un espazo de debate, intercambio e reflexión sobre metodoloxías de ensino innovadoras.
  • Presentar proxectos de innovación educativa e fomentar a investigación neste ámbito para a mellora da oferta universitaria coa visión e participación dos equipos docentes.
  • Promover o intercambio de experiencias docentes de ensino bilingüe e analizar estratexias institucionais para a internacionalización das nosas universidades.
  • Servir de encontro entre o profesorado e as institucións para fomentar as posibilidades de intercambio, mobilidade e propostas de traballo interuniversitarias.
  • Promover o uso de TIC no ensino como ferramenta para a innovación educativa.
  • Servir de espazo de encontro para a análise e reflexión sobre os novos modelos de ensino que xorden ao abeiro do uso de tecnoloxías, como os cursos masivos e o ensino aberto.

Toda a información AQUÍ