Edugal 2014

Salón de oferta de educación e formación
Data: 
Desde mércores, 26 de febreiro de 2014 ata venres, 28 de febreiro de 2014
Lugar: 
Pontevedra

Os días 26,27 e 28 de febreiro terá lugar, no Recinto Feiral de Pontevedra, o III Salón de oferta de educación e formación EDUGAL, o maior salón da oferta educativa na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Organizado pola AEMPE (Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa da provincia de Pontevedra), en colaboración coa Xunta de Galicia, o Concello de Pontevedra, o Consello Social e a Deputación de Pontevedra, Edugal ten como destinatarios a alumnado, profesorado, centros de formación e  institucións educativas.

A súa oferta comprende dende a elección da carreira universitaria ata o coñecemento de diferentes cursos aos que optan traballadores en activo ou desempregados, pasando polo catálogo de Formación Profesional. Todo isto enmarcado en distintos ámbitos: autónomico, nacional e internacional.

Ademais, pretende ser un punto de encontro en torno á formación, a orientación e a participación no que se recollan os aspectos máis novidosos do campo da educación.

OBXECTIVOS:
. Informar e asesorar o alumnado sobre as múltiples posibilidades e a variada oferta educativa existente no sistema.
. Facilitar a transición do instituto á universidade a través dunha primeira toma de contacto cos centros.
. Animar o alumnado a continuar a súa formación educativa dun xeito dinámico e interactivo.
. Facilitar a mobilidade dos estudantes na eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.
. Dar a coñecer as novas tecnoloxías en materia educativa.

A entrada é gratuíta.

Máis información na WEB