XXXII Congreso ANIE

A función directiva nos centros docentes
Data: 
Desde xoves, 30 de maio de 2013 ata venres, 31 de maio de 2013
Lugar: 
A Coruña

A Asociación Nacional de Inspectores de Educación (ANIE) organiza no Salón de actos do Centro Socio-cultural Novacaixagalicia de A Coruña o seu XXXII Congreso Nacional, actividade incluída no Plan de Formación do ano 2013 de ANIE.

As persoas participantes interesadas poderán solicitar o recoñecemento de 10 horas, 1 crédito por parte do MECD.

O prazo de inscrición remata o día 10 de maio (para inscrición e aloxamento) e prorrógase ata o 15 de maio só para inscricións.

Toda a información na web de ANIE

Nos documentos adxuntos pódese acceder ao programa e á ficha de inscrición