Xornadas de Educación Histórica
A Universidade de Barcelona organiza e será sé do XIII Congreso Internacional Xornadas de Educación Histórica co que pretende darlles continuidade aos encontros que se realizan entre O Brasil e Europa desde o ano 2000, consolidando, cada vez máis, o campo de investigación da educación histórica.
Neste ano 2013 constátase, unha vez máis, o gran cúmulo de traballos presentados, o que evidencia a madurez das teorías e metodoloxías de investigación, da escolla dos obxectos e categorizacións, así como a importancia da contribución dos resultados das investigacións.
O lugar de celebración será a Facultade de Formación do Profesorado ubicada no Campus Mundet , onde tamén se desenvolve outro dos eventos organizado pola Universidade, o V Simposio Internacional de Didáctica das Ciencias Sociais no Ámbito Iberoamericano: Historia e Identidades Culturais.
Toda a información sobre os dous eventos na web de DHIGECS (Didáctica da Historia, Xeografía e outras Ciencias Sociais)