XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

Sen tecnoloxía non hai progreso
Data: 
Desde venres, 31 de maio de 2013 ata sábado, 1 de xuño de 2013
Lugar: 
Vigo (Pontevedra)

APETEGA (Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia) organiza no IES A Guía de Vigo as XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia .

Organizadas e subvencionadas polo propio profesorado celebraranse, un ano máis, estas xornadas de formación e intercambio de experiencias didácticas en Tecnoloxía.
 

OBXECTIVOS:

  • Intercambio e divulgación de experiencias didácticas, material de aula e proxectos relacionados coa área de Tecnoloxía.
  • Iniciación e afondamento práctico nos distintos ámbitos da área de Tecnoloxía: materiais, electrónica, automática, informática, etc.
  • Aumento da intercomunicación educativa para a mellora na calidade do ensino público.
  • Analizar a situación actual do ensino da Tecnoloxía.

CONTIDOS

  • Técnicas didácticas de aplicación práctica na aula-obradoiro.
  • Experiencias innovadoras para a práctica docente na área.
  • As TIC como recurso educativo.

METODOLOXÍA

Obradoiros prácticos, conferencias, comunicacións e exposición de proxectos


O prazo de inscrición estará aberto dende o venres 17 de maio ás 20:00 h ata o domingo 26 de maio ás 20:00 h.

Acceso ao PROGRAMA

 

Toda a información na web de APETEGA