X Simposio sobre o libro e a lectura

O futuro da biblioteca no entorno dixital
Data: 
xoves, 14 de novembro de 2013
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Asociación Galega de Editores (AGE) organiza, o vindeiro 14 de novembro, o X Simposio sobre o Libro e a Lectura. A sede do Consello da Cultura Galega en Compostela acolle esta cita na que se abordarán modelos de bibliotecas de éxito e as perspectivas destes espazos ante as novas tecnoloxías.

Baixo o lema O futuro da biblioteca no entorno dixital preséntase un programa que contempla unha xornada de debate sobre a actualidade e o futuro do paradigma dixital no entorno bibliotecario.

O número de prazas é limitado e cubriranse por rigorosa orde de inscrición (do 15 de outubro ao 11 de novembro).

A inscrición realizarase exclusivamente a través deste formulario.

Consulta o PROGRAMA