VI Curso Investigando antes da Universidade

Curso para o fomento da investigación entre o alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional
Data: 
Desde luns, 30 de setembro de 2013 ata venres, 4 de outubro de 2013
Lugar: 
Molina (Málaga)

A Dirección Xeral de Política Universitaria, o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) (ambos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte), INJUVE (do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade) e a Universidade de Málaga convocan o "VI Curso Investigando antes da Universidade, para o fomento da investigación entre o alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional", que terá lugar paralelamente ao XXVI Certame “Jóvenes Investigadores” 2013 no Centro Eurolatinoamericano de la Juventud (CEULAJ) en Molina (Málaga), do 30 de setembro ao 4 de outubro de 2013.

O obxectivo principal deste curso é incentivar o interese pola investigación científica entre o profesorado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional, co fin de que poidan fomentar o espíritu investigador do seu alumnado e, así, inicialo na actividade investigadora.
En particular, búscase orientar ao profesorado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional sobre o tipo de proxectos de investigación que se poden presentar ao Certame "Jóvenes Investigadores" e sobre a maneira de abordar eficazmente a execución do traballo cos estudantes.

Ofrécense 30 prazas como máximo a profesorado destes niveis educativos cos seguintes requisitos:

  • Ser profesor/a en activo e coordinador/a dalgún traballo de investigación presentado ao XXVI Certame "Jóvenes Investigadores", que non fora seleccionado para a súa exposición no Congreso do Certame (15 prazas).
  • Ser profesor/a en activo que participara nalgún dos certames anteriores de "Jóvenes Investigadores", solicitándoo mediante o formulario da web (15 prazas).
  • Ser profesor/a en activo que participara en actividades de investigación con alumnado, que poida acreditalo documentalmente e que o solicite mediante o formulario da web (só prazas sobrantes).

A  inscrición e participación é gratuíta asumindo a organización os gastos de desprazamento, aloxamento e material.

O curso terá un recoñecemento por parte do INTEF de 40 horas

O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de xullo de 2013 (para profesorado non participante no certame) e o 30 de xullo de 2013 (para profesorado participante).

 

TRÍPTICO INFORMATIVO

Máis información na WEB DO MECD