Versos pintados no pupitre

Data: 
Desde venres, 13 de decembro de 2013 ata sábado, 14 de decembro de 2013
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Socio-Pedagóxica de Galicia convocan as III Xornadas "Versos pintados no pupitre", destinadas a profesorado de ensino non universitario e futuros ensinantes.

Terán lugar non Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia (Monte Gaiás) os días 13 e 14 de decembro de 2013.

O obxectivo é a "revisión e actualización da transmisión didáctica da poesía no ensino obrigatorio e posobrigatorio" e analizar as "estratexias de sedución que faciliten a descuberta e ou achegamento á poesía por parte do público infantil e xuvenil".

A metodoloxía que se vai empregar basearase en:

  • Unha conferencia inaugural que centre o estado da cuestión, con carácter informativo e analítico.
  • Mesas redondas que faciliten a intercomunicación con ópticas diversas segundo os diferentes relatores que participan nelas.
  • Interacción e participación co público nos coloquios finais das mesas redondas

Entrada libre ata completar aforo.

Acceso ao PROGRAMA