IX Xornadas Educación Emocional e Valores

"Se camiñas só poderás ir máis rápido, pero xuntos chegaremos máis lonxe"
Data: 
Desde venres, 15 de marzo de 2013 ata sábado, 16 de marzo de 2013
Lugar: 
Barcelona

Coma cada ano, o GROP (Grup de Recerca d'Orientació Psicopedaògica) e a UB (Universitat de Barcelona) organizan unha das xornadas máis consolidadas no ámbito da educación emocional. O próximo mes de marzo realizarán a súa novena edición. Nesta ocasión, as xornadas están dedicadas á educación emocional e valores.

Unha persoa con moita intelixencia emocional pero sen valores nin principios éticos pode ser un gran perigo para a sociedade. A educación emocional ten que partir duns valores e telos presentes en todo momento na súa práctica.

Nestas IX Xornadas preténdese ofrecer elementos para a práctica da educación emocional desde os valores e para a práctica da educación en valores desde a dimensión emocional.

 

Toda a información AQUÍ