IV Encontro Nacional: Asociación Pedagóxica Francesco Tonucci

Creatividade en tempos de contrastes
Data: 
Desde venres, 31 de maio de 2013 ata domingo, 2 de xuño de 2013
Lugar: 
Granada

Este encontro, que se presenta desde a Asociación Pedagóxica Francesco Tonucci, pretende formar e actualizar os participantes para lograr unha sociedade máis cooperativa e intercultural, unha escola onde a creatividade dos seus participantes non sexa un problema e si unha solución.

Sumar como proposta, apostar pola calidade do sistema e das persoas, respectar para integrar, buscar o esforzo moito máis alá do mercantilismo, encontrar o valor das persoas no respecto, o potencial e o encontro. Presentar camiños alternativos que sempren dignifiquen a infancia.

OBXECTIVOS:

  • Adquirir compromisos e espertar leccións aprendidas desde o amor á infancia, a lóxica e o sentido común.
  • Buscar novas alternativas para lles facer fronte ás dificultades que se dan en contextos de intervención.
  • Favorecer o achegamento dos profesionais interesados na educación e no futuro da infancia, nos programas teórico-prácticos de desenvolvemento da creatividade na infancia.
  • Deseñar novas estratexias para afrontar o reto dunha sociedade cada vez máis diversa desde o punto de vista do traballo cooperativo, diverxente, estratéxico e con alternativas diferenciadoras.
  • Compartir procedementos pedagóxicos e metodolóxicos que nos permitan camiñar cara a un futuro compartido e desde os ollos dos nenos  e das nenas.
  • Reivindicar unha educación de calidade a partir da elaboración de propostas dirixidas á formación inicial, ao acceso á función docente pública e concertada e á formación permanente.
  • Coñecer diferentes tendencias que na actualidade se propoñen como didácticas activas de aula.
  • Lembrar o valor da cultura entre os adultos dedicados á educación da infancia.
  • Lembrar a cultura dos valores entre os adultos dedicados á educación da infancia, non para ser “ensinada”, si para ser vivida.
  • Facer un chamamento á sociedade en xeral para todos xuntos apostar, desde a protección e o respecto á infancia, por un futuro mellor para todos e todas.

 

A METODOLOXÍA do encontro apóiase en dous tipos de técnicas fundamentais:

1. Exposicións por parte dos relatores, deixando espazos sempre para a participación con preguntas por parte das persoas que asisten.

2. Reunións pedagóxicas; coa participación de varios expertos e expertas que sobre unha temática común expoñen diferentes perspectivas.

Trátase de poñer “na mesa” a máxima información posible, desde todas as perspectivas, coa participación responsable e autónoma de relatores e asistentes.

 

Máis información na WEB da Asociación