IV Edición de Xornadas Iberoamericanas sobre culturas escritas

Ler e escribir en comunidade
Data: 
Desde xoves, 12 de decembro de 2013 ata sábado, 14 de decembro de 2013
Lugar: 
Madrid

Organizadas por AELE (Asociación Española de Lectura e Escritura), este espazo pretende potenciar e acompañar a construción de comunidades de lectores e escritores. Abordaranse tres ámbitos de prácticas no contexto de conferencias, mesas redondas, obradoiros e comunicacións de experiencias:

  • - Ler e escribir literatura no ámbito escolar e noutros escenarios sociais.
  • - Organizar a aula como unha comunidade de estudo.
  • - O papel das TIC nas novas prácticas sociais de lectura e de escritura.

Polo tanto, estas xornadas ofrecen:

  •  Unha plataforma de intercambio e discusión na que se poidan expresar as distintas posibilidades que ofrecen as dinámicas grupais para potenciar as aprendizaxes e, polo tanto, o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística.
  •  Escenarios de colaboración entre investigadores, docentes, profesionais e outros mediadores en lectura e escritura, que faciliten a xeración de proxectos compartidos en torno á cultura escrita en ámbitos escolares, familiares, centros culturais, bibliotecas, etc.

 

Toda a información na web de AELE