Investigación e innovación educativa ao servizo de institucións e comunidades globais, plurais e diversas

Data: 
Desde mércores, 4 de setembro de 2013 ata venres, 6 de setembro de 2013
Lugar: 
Alacante

Mediante a organización do XVI Congreso Nacional e II Internacional "Investigación e Innovación Educativa ao servizo de Institucións e Comunidades Globais, Plurais e Diversas" que se celebrará en Alacante entre os días 4 e 6 de setembro de 2013, AIDIPE (Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagóxica) pretende crear espazos para o intercambio e a discusión de novas ideas, modos e estratexias de actuación para afrontar con éxito a complexidade dos problemas que hoxe ten formulados a educación.

O tema desta edición do Congreso invita a comunidade educativa a involucrarse no exame profundo das características que definen, impregnan e converxen na educación que necesitamos para o século XXI: local e diversa, pero con visión e perspectiva rexional, nacional e global.

Liñas temáticas

  • Identidade, diversidade, equidade e globalidade en educación.
  • Diagnóstico, orientación e atención á diversidade.
  • Avaliación e innovación en institucións e comunidades plurais e inclusivas.
  • Formación do profesorado e desenvolvemento profesional para unha educación global.
  • Investigación educativa en comunidades e institucións diversas e plurais.

 

Toda a información na WEB