# INLUGO

I Congreso sobre Cultura Dixital e Redes sociais
Data: 
Desde venres, 7 de xuño de 2013 ata sábado, 8 de xuño de 2013
Lugar: 
Pazo de San Marcos (Lugo)

Internet está a revolucionar as nosas vidas, pero ten moitas máis implicacións. Coñecelas e comentalas é a tese que persegue o I Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais INLUGO. A cita, promovida pola Deputacion de Lugo, desenvólvese os vindeiros días 7 e 8 de xuño no Pazo de San Marcos.

Ponencias e mesas redondas conforman o programa no que están convidados Mario Tascón, Pilar Portero, Javier Pedreira ou Óscar Reboiras, entre outros.

Ademais, presentaranse os proxectos SienteGalicia, Menus.es, Lugotea e Inteligencia Visual que operan na rede e teñen orixe lucense. O programa conclúe coa entrega dos premios #INLUGO, que recoñecen aquelas iniciativas, persoas u organizacións da provincia de Lugo que están destacando no bo uso de Internet e as novas tecnoloxías en diferentes ámbitos.

Accede ao programa

Palabras clave: