Ikasnabar
Este congreso internacional, organizado por investigadores da Universidade do País Vasco (EHU), aborda temas educativos dirixidos a todo tipo de profesores, a persoas con intereses no campo da educación a distancia e a todos aqueles formadores que queiran aprender, colaborar e afondar tanto na aprendizaxe social coma na educación aberta e a tecnoloxía.
Os temas principais do VI Congreso Internacional de Educación Aberta e Tecnoloxía son os MOOC ou cursos masivos abertos en liña, os PLE ou contornos de aprendizaxe persoal e os LMS ou plataformas de e-learning (sistemas de administración da aprendizaxe).
OBXECTIVOS DE IKASNABAR
- Realizar un achegamento ás implicacións da educación aberta e da transformación das metodoloxías da aprendizaxe.
- Comprender o concepto de MOOC ou cursos abertos masivos en liña e as súas tipoloxías.
- Aprender a executar PLE ou contornos de aprendizaxe persoal.
- Definir o futuro dos sistemas de xestión de contidos educativos (LCMS) e as súas funcionalidades.
- Coñecer as mellores prácticas de e-learning en educación.
- Aprender a mellorar os contidos para cursos de e-learning e optimizar as clases.
O congreso terá lugar no centro de convencións de Zalla, unha das vilas máis representativas da sociedade do coñecemento en Europa, os días 9, 10 e 11 de xullo de 2013.
Toda a información AQUÍ