II xornadas arredor da Música Tradicional

Data: 
Desde sábado, 16 de novembro de 2013 ata domingo, 17 de novembro de 2013
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) organiza no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela as II xornadas arredor da Música Tradicional.

O encontro, que se celebrará os días 16 e 17 de novembro, centrará boa parte da súa atención na música de gaita. Así, a presenza deste instrumento na música barroca ou de cámara, as súas versións en León ou Portugal ou a evolución das formacións de gaiteiros en Galicia, protagonizarán diferentes relatorios.

Canda a isto, o papel dos cegos na nosa tradición musical tamén se abordará atendendo á súa relación coa zanfona, á presenza destes músicos na Limia ou mediante a figura do Cego de Padrenda.

Presentacións de publicacións sobre música tradicional, traballos sobre o pandeiro ou o acordeón, xogos musicais ou unha foliada forman  parte tamén do programa.

 

Toda a información na web da AGG