II Congreso Internacional Videoxogos e Educación

Do edutainment á aprendizaxe baseada en xogos dixitais
Data: 
Desde martes, 1 de outubro de 2013 ata xoves, 3 de outubro de 2013
Lugar: 
Cáceres

O II Congreso Internacional, organizado polo grupo de investigación "Nodo Educativo" do departamento de Ciencias da Educación da Facultade de Formación do Profesorado de Cáceres (Universidade de Estremadura), pretende dar resposta aos desafíos que na actualidade atopamos coa utilización dos recursos que as tecnoloxías da información e a comunicación significan para a formación dos “nativos dixitais” e, desde o convencemento das virtualidades do xogo para a educación e consecución de obxectivos educativos.

Este Congreso pretende, tamén, seguir afondando na implicación e o encontro de todos aqueles profesionais encargados da formación de novas xeracións procedentes de diversos ámbitos disciplinarios e niveis educativos, dos profesionais que desenvolven as súas funcións de formación na educación non formal, dos creadores e deseñadores de videoxogos e profesionais do sector para impulsar esta nova perspectiva de aprendizaxe, así como a participación dos estudantes do ensino superior.

Para facilitar a participación do maior nº de profesionais interesados, o Congreso terá dúas modadlidades: presencial e virtual. As datas de celebración son as seguintes:

presencial: do 1 ao 3 de outubro de 2013

virtual: do 23 de setembro ao 7 de outubro de 2013

Toda a información AQUÍ