I Congreso Internacional de Investigación e Innovación en Educación Infantil e Educación Primaria

Data: 
Desde xoves, 23 de maio de 2013 ata sábado, 25 de maio de 2013
Lugar: 
Murcia

Baixo a dirección e coordinación da Universidade de Murcia, celebrarase do 23 ao 25 de maio de 2013 no campus El Espinardo desta cidade  o I Congreso Internacional  e II Nacional de Investigación e Innovación en Educación Infantil e Educación Primaria. Dirixido a docentes e investigadores universitarios, mestres/as de educación infantil e de educación primaria e estudantes relacionados co ámbito educativo, pretende acadar os seguintes obxectivos:

 

Difundir as innovacións e investigacións relacionadas coa educación infantil e primaria no ámbito nacional e internacional.

Analizar e realizar propostas sobre as temáticas máis relevantes para o profesorado e o alumnado de EI e EP.

Ofrecer propostas innovadoras sobre métodos psicopedagóxicos e didácticos para o profesorado de EI e EP.

Valorar as implicacións educativas e de investigación nos niveis de EI e EP.

 

A información completa pódese consultar na WEB