I Congreso de Centros Educativos Innovadores

Os obxectivos que se desexan alcanzar neste I Congreso de Centros Educativos Innovadores son:
- recoñecer a figura dos profesores como principais axentes da innovación
- debater sobre o cambio metodolóxico e a formación dos educadores
O centro organizador, o Colexio Santa María del Naranco, centrou o debate nos seguintes cinco bloques:
- Novos paradigmas psicopedagóxicos para desenvolver persoas competentes
- Novos soportes para o coñecemento TIC
- Necesidade de comunicarse na aldea global: Educación Multilingüe
- Educación para todos: a atención á diversidade
- Unha educación en valores: a solidariedade internacional
Falarase tamén sobre a utilización das novas tecnoloxías e outros recursos que potencien as capacidades dos estudantes con necesidades educativas especiais. Os asistentes poderán coñecer as últimas estratexias e técnicas empregadas na aula como elemento motivador que facilitan a aprendizaxe, así como as reflexións sobre os retos que os docentes deben afrontar para proporcionar unha educación de calidade no século XXI.
Máis información na WEB