Falamos o mesmo idioma?

VIII Congreso das Escolas Oficiais de Idiomas
Data: 
Desde xoves, 18 de abril de 2013 ata sábado, 20 de abril de 2013
Lugar: 
Pamplona

O lema deste VIII Congreso das Escolas Oficiais de Idiomas é unha pregunta "Falamos o mesmo idioma?" e funciona a dous niveis distintos. Un primeiro nivel considera as grandes diverxencias presentes entre as EOI das dezasete comunidades autónomas en canto a currículos, itinerarios, niveis que se certifican e imparten e en canto á elaboración e validación de probas certificativas. O segundo nivel considera a diversificación como fonte de riqueza.

Así, este congreso espera axudar a contribuír á unificación nuns campos e á diversificación noutros, sempre cunha meta común: a mellora no proceso de ensino-aprendizaxe de idiomas.

Toda a información na WEB