Encontro Internacional sobre Claustros no Mundo Mediterráneo

Data: 
Desde xoves, 20 de xuño de 2013 ata sábado, 22 de xuño de 2013
Lugar: 
Lisboa (Museo Nacional de Arte Antiga)

Os departamentos de Arte Medieval e de Arte Moderna do Instituto de Historia da Arte da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa organizan o Encontro Internacional sobre Claustros no Mundo Mediterráneo (séculos X-XVIII)
O encontro busca promover o debate arredor desa estrutura, asemade funcional e simbólica, e, concretamente, dos claustros edificados entre os séculos X e XVIII no espazo mediterráneo, entendidos en sentido amplo como área de relacións e intercambios culturais. Preténdese, deste xeito, incitar a unha reflexión interdisciplinar e potenciadora de novas contribucións sobre estas estruturas arquitectónicas, non sempre investigadas debidamente.

O encontro, que busca reunir investigadores portugueses e estranxeiros, terá lugar no  Museo Nacional de Arte Antiga, en Lisboa, durante tres días, do 20 ao 22 de xuño de 2013. Os primeiros dous estarán dedicados á presentación de conferencias e comunicacións e no terceiro realizarase unha visita de estudo ao Mosteiro de Santa María de Alcobaça, ao Mosteiro de Santa María da Vitoria, en Batalha, e ao Convento de Cristo, en Tomar, lugares de realizacións claustrais exemplares do panorama arquitectónico portugués.

 

Máis información AQUÍ