Educando as intelixencias e/ou os talentos

Data: 
Desde venres, 22 de novembro de 2013 ata domingo, 24 de novembro de 2013
Lugar: 
Madrid

A Asociación Mundial de Educadores Infantiles (AMEI-WAECE) organiza o Congreso Internacional Educando as intelixencias e/ou os talentos, que se celebrará en Madrid os días 22, 23 e 24 de Novembro de 2013. Está dirixido aos profesionais da educación da primeira infancia (educación infantil e primeiro ciclo de primaria), e nel intentarase dar resposta a dúas preguntas básicas:

-Que educación é necesaria para desenvolver as intelixencias e os talentos?
-Como desenvolver as principais intelixencias?

Para iso:

-Analizaranse as distintas correntes metodolóxicas e a súa adaptación á intervención educativa.
-Desenvolverase un modelo de atención con enfoque integral para estimular o potencial innato de aprendizaxe de cada neno ou nena, favorecendo o seu desenvolvemento físico, emocional, social e cognitivo.
-Dotarase os docentes de estratexias innovadoras para deseñar propostas didácticas que impliquen desafíos para os nenos e nenas.

Acceso ao programa e á ficha de inscrición AQUÍ