Curso de Pensamento Carlos Gurméndez

Concepción Arenal. Paixón pola Liberdade e a Xustiza
Data: 
Desde mércores, 10 de Xullo de 2013 ata venres, 12 de Xullo de 2013
Lugar: 
Ferrol (A Coruña)

Expertos e investigadores daranse cita no campus de Esteiro para abordar a figura e o pensamento de Concepción Arenal neste curso promovido polo Club de Prensa de Ferrol, pola Universidade da Coruña (UDC), polo Concello de Ferrol e polo Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol co apoio da Secretaría Xeral de Cultura.

O curso abrirá o 10 de xullo cunha sesión dedicada a Concepción Arenal na contorna do pensamento e os ideais da burguesía revolucionaria. A apertura da sesión do día 11 terá como protagonistas as figuras de Concepción Arenal e de Rosalía de Castro.

O último día do curso abordarase a temática da muller na avogacía, os límites e as potencialidades do Dereito así como a xustiza e o dereito nos delitos de corrupción. Finalmente, a xornada rematará coa proxección do filme ‘A visitadora de cárceres’.

As persoas que estean interesadas en asistir ao curso poderán inscribirse ata o 10 de xullo ás 10:00 horas. A inscrición é gratuíta.

O profesorado de ensino non universitario ten homologadas 20 horas de actividade de formación permanente pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
 

 

Acceder ao TRÍPTICO do curso

INSCRICIÓN