Congreso Andaluz e Estatal de Orientación Educativa

Data: 
Desde xoves, 21 de novembro de 2013 ata sábado, 23 de novembro de 2013
Lugar: 
Granada

A cidade de Granada acolle do 21 ao 23 de novembro de 2013 o Congreso Andaluz e Estatal de Orientación Educativa, organizado pola Asociación de Orientadores de Granada, ASOSGRA, e FAPOAN, a Federación de Asociacións de profesionais da Orientación de Andalucía.

O Congreso será un espazo de reflexión e exposición de boas prácticas educativas e orientadoras, prácticas que recollerán as achegas de distintos profesionais da orientación, da acción titorial ou relacionados con elas.

O Congreso de Orientación Educativa pretende ser un escaparate da situación da orientación no momento actual, e así servir de canle para a consecución e desenvolvemento da calidade educativa que pasa por potenciar a orientación sobre as bases da innovación e a investigación nos seus distintos aspectos e ámbitos profesionais.

Exposicións, comunicacións, pósters e mesas redondas vertebrarán os tres grandes ámbitos de actuación da acción orientadora:

  • apoio ao proceso de ensino aprendizaxe
  • acción titorial
  • orientación académica e profesional

Toda a información na WEB do Congreso