Conferencias sobre TDA-H
Data:
xoves, 25 de abril de 2013
Lugar:
Fundación Mª José Jove (A Coruña)
A Asociación ANHIDACORUÑA propón unha serie de conferencias para pais de alumnos afectados por TDA-H, que se levarán a cabo ao longo do ano 2013 en colaboración coa Fundación Mª José Jove.
A próxima charla celebrarase o vindeiro 25 de abril na sede da Fundación.
Sería conveniente que asistiran os/as adolescentes e mozos/as acompañando aos seus proxenitores/as ou titores/as.
A entrada é de balde pero é necesaria a inscrición a través do correo electrónico corunaanhida@gmail.com facilitando os seguintes datos:
- Nome e apelidos
- Relación co TDA-H
Pódese consultar o ciclo completo de conferencias no arquivo adxunto.
Arquivos adxuntos: