CAFVIR 2013
IV Congreso Internacional sobre Calidade e Accesibilidade da Formación Virtual
Data:
Desde mércores, 17 de abril de 2013 ata venres, 19 de abril de 2013
Lugar:
Lisboa (Portugal)

Nos últimos anos desenvolveuse extraordinariamente o fenómeno da formación virtual ou e-learning, propiciada polo desenvolvemento das tecnoloxías da información e as comunicacións, que supuxo a creación de plataformas de teleformación para a xestión da aprendizaxe a través de internet, e a posta á disposición do alumnado de materiais formativos a través da rede.
Con este congreso preténdese poñer en común resultados de investigacións e experiencias que poidan axudar a mellorar a calidade desta nova forma de ensino.
As áreas de interese do congreso inclúen, entre outras, as seguintes:
- accesibilidade da formación virtual
- aspectos académicos e de contidos
- aspectos xerais e de xestión
- aspectos culturais e institucionais
- aspectos tecnolóxicos e avanzados
- avaliación da calidade
- casos prácticos
Máis información na WEB do Congreso