Xornada sobre envellecemento activo

Xornada sobre envellecemento activo para profesionais da educación organizada polo Colexio de Traballo Social de Galicia
Data: 
Desde martes, 20 de novembro de 2012 ata venres, 30 de novembro de 2012
Lugar: 
Diversas ciudades galegas

O Colexio de Traballo Social de Galicia en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Social organiza, dentro do marco do Ano Europeo do Envellecemento Activo, unhas Xornadas formativas dirixidas a profesionais da Educación. O obxectivo é dar a coñecer o proceso de envellecer dende unha perspectiva positivista ás e aos profesionais do eido do ensino coa finalidade de sensibilizar e incorporar paulatinamente a temática do envellecemento e o vínculo interxeracional no proceso educativo da infancia e da adolescencia.

Esta iniciativa formativa ten unha duración de 6 horas presenciais e terá lugar en diferentes puntos de Galicia nas seguintes datas e horas:

Horario: de 8:30 horas a 14:30 horas
 

Data e lugar:

Trátase dunha actividade gratuíta promovida pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. 

O prazo de inscrición remata o 20 de novembro de 2012.

 Máis información  no teléfono 981 56 81 00.

 

Acceso á web da Xornada sobre envellecemento activo