XIII Xornadas AGPETAL

A linguaxe na Educación Infantil. Recursos para unha escola inclusiva
Data: 
Desde xoves, 8 de novembro de 2012 ata sábado, 10 de novembro de 2012
Lugar: 
Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña

A Asociación Galega de Profesorado Especialista en Técnicas de Audición e Linguaxe (AGPETAL) e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña organizan as XIII Xornadas AGPETAL co título: "A linguaxe na Educación Infantil. Recursos para unha escola inclusiva".

Trataranse, entre outras, as seguintes temáticas:

 

  • A avaliación na linguaxe e comunicación.
  • Recursos na intervención na linguaxe e comunicación.
  • Integrando obradoiros da linguaxe nas aulas: experiencias con ferramentas e metodoloxías específicas, experiencias de inclusión das persoas con diversidade funcional.
  • Usuarios, familiares, usabilidade, accesibilidade na rede dixital.
  • Experiencias de inclusión escolar.

O prazo de matrícula está aberto ata o día de celebración das xornadas. Para inscribirse é necesario cubrir o boletín de inscrición e seguir as instrucción que se dan nel. As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigurosa orde de solicitude.

 

 

Acceso á web de AGPETAL

Boletín de inscrición das XIII Xornadas AGPETAL