IX Congreso Fundación Nuevas Claves Educativas

Obxectos Perdidos: reflexións sobre as altas capacidades e as dificultades de aprendizaxe
Data: 
Desde venres, 9 de novembro de 2012 ata sábado, 10 de novembro de 2012
Lugar: 
Universidade de Deusto, Bilbao

Fundación Nuevas Claves Educativas bríndache a oportunidade de escoitar, entre outros relatores internacionais, a Robert Sternberg ou Joseph Renzulli, máximos referentes na investigación sobre a aprendizaxe e a intelixencia, no IX Congreso FNCE, que se realizará o 9 e o 10 de novembro na Universidade de Deusto en Bilbao.

Preme aquí para coñecer máis sobre o congreso que, baixo o título Obxectos Perdidos, nos invitará a reflexionar sobre os talentos do noso alumnado e a nosa obriga, como docentes, de que non acaben esquecidos ou perdidos nun contedor como tantos obxectos ao final de curso. Xa podes inscribirte para asegurar a túa praza neste congreso, especialmente dirixido ás familias e profesionais  das altas capacidades e das  dificultades de aprendizaxe.

www.objetosperdidos2012.com


TFNO.:  94 657 66 51