Innovación: cambio metodolóxico e TIC, o lema das IX Xornadas Novadors
Están organizadas por Novadors, unha asociación formada por expertos en novas tecnoloxías e educación e por profesionais de todo o ámbito educativo, desde infantil á universidade, que se constituíu en febreiro de 2003. Nesta IX edición teñen o lema “Innovación: cambio metodolóxico e TIC” e contan co patrocinio e colaboración do Concello de Alcoi, da EPSA e do cefire desta localidade.
O obxectivo destas xornadas é ser un foro de debate e de reflexión sobre a articulación das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), así como dar a coñecer experiencias que se están levando a cabo en educación e que poden enriquecer tanto os profesionais coma os alumnos das universidades que actualmente se preparan para ser docentes. De aí que as xornadas se dirixen ao profesorado de educación infantil, primaria, secundaria, universidade, alumnado de maxisterio e psicopedagoxía, equipos directivos de centros, psicopedagogos, psicólogos e educadores en xeral.
IX Xornadas Novadors
- Lugar: Escola Politécnica Superior de Alcoi
- Data: 2 e 3 de xullo
- Inscrición: ata o 15 de xuño