III Concurso de curtametraxes

" A vida, o mellor agasallo"
Data: 
Desde xoves, 27 de decembro de 2012 ata venres, 12 de abril de 2013
Lugar: 
Centros educativos galegos

Este concurso de curtametraxes dirixido aos escolares para o curso 2012/2013 ten como tema central a doazón de órganos e os transplantes. O seu principal obxectivo é achegar esta realidade á poboación escolar da comunidade autónoma de Galicia.

Poderá participar no concurso o alumnado de bacharelato e ciclos formativos de grao medio de todos os centros educativos, tantos sostidos con fondos públicos coma privados, da comunidade autónoma galega.

Premios:

  • Primeiro premio: un vale para o centro por valor de 1000 € para a adquisición de material escolar, un vale para o alumnado por valor de 1000 € e un ordenador portátil para o profesor titor do traballo presentado.
  • Segundo premio: un vale para o centro de 750 € para a adquisición de  material escolar, un vale para o alumnado por valor de 750 € e un ordenador portátil para o profesor titor do traballo presentado.

O prazo de presentación das curtametraxes rematará o 12 de abril de 2013.

 

Acceso á web de "Doazón e Transplantes"