I Congreso Internacional "Coñecemento, tecnoloxías e ensino: políticas e prácticas universitarias"

Das Universidades medievais á Universidade Rede
Data: 
Desde mércores, 6 de febreiro de 2013 ata venres, 8 de febreiro de 2013
Lugar: 
Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela - A Coruña)
 

Organizado pola Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina) e a Universidade de Santiago de Compostela, forma parte do conxunto de actuacións levadas a cabo pola REDE UNISIC (Universidade e Sociedade da Información e o Coñecemento) dende 2006, co apoio da AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento).

Ten como propósito fundamental posibilitar un debate, por e para universitarios, sobre algúns dos problemas contemporáneos das universidades. Preténdese reflexionar sobre as relacións entre as políticas e as prácticas nas universidades, nas economías e sociedades da información e o coñecemento, incidindo en como afectan aos procesos de ensino e aprendizaxe.

 

 
Máis información aquí
 

 

Palabras clave: