EDUTEC 2012
Canarias en tres continentes dixitais: educación, TIC, NET-Coaching
Data:
Desde mércores, 14 de novembro de 2012 ata venres, 16 de novembro de 2012
Lugar:
Palmas de Gran Canaria

Este congreso ten como finalidade abrir un foro de debate sobre a presenza das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos diferentes contextos sociais para propiciar o intercambio de coñecemento e a información dixital entre África, América e Europa.
Preténdese tamén intercambiar entre os diferentes profesionais de diversos contextos, o papel das TIC na sociedade do coñecemento e impulsar a presentación de novas liñas de traballo coas TIC na educación formal e non formal.