Congreso Iberoamericano das Linguas na Educación e na Cultura/IV congreso Leer.es

A Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI) e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco dos seus respectivos programas para o fortalecemento das linguas de Iberoamérica na educación, e Leer.es convocan ao Congreso Iberoamericano das Linguas na Educación e na Cultura/IV Congreso Leer.es
Data: 
Desde mércores, 5 de setembro de 2012 ata venres, 7 de setembro de 2012
Lugar: 
Salamanca (España)
linguas na educación e na cultura IV congreso
 
 
A Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI) e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco dos seus respectivos programas para o fortalecemento das linguas de Iberoamérica na educación, e Leer.es convocan ao Congreso Iberoamericano das Linguas na Educación e na Cultura/IV Congreso Leer.es, que se realizará na cidade de Salamanca do 5 ao 7 de setembro de 2012.
 
O Congreso terá como obxectivos:
 
  • Impulsar o proxecto das linguas na educación. 
  • Reflexionar sobre o ensino das linguas. 
  • Afondar na importancia das linguas como eixe de transmisión cultural.
  • Analizar as relacións entre as diferentes linguas e as novas tecnoloxías da información. 

Tamén servirá para entregar os premios do Concurso Iberoamericano de Guións para a Formación da Mocidade na Expresión Comunicativa e Cinematográfica en idade escolar (12-15 anos) que se van desenvolver desde 2011 ata mediados de 2012.

Programarase a exhibición das curtas ganadoras do concurso na sala de plenos.

Programa para o fortalecemento das linguas de Iberoamérica na educación

O compromiso coas metas educativas por parte dos gobernos iberoamericanos e a  inclusión da meta xeral quinta dedicada a mellorar a calidade da educación e o currículo escolar que, pola súa vez, inclúe metas específicas relativas ás competencias básicas dos alumnos (meta específica 10), ao fortalecemento da lectura nas escolas (meta específica 12) e á extensión das bibliotecas escolares (meta específica 13), anima a  OEI a poñer en marcha un ambicioso proxecto de acción compartido que teña como resultado final lograr que todo o alumnado iberoamericano mellore as súas competencias básicas no coñecemento e uso da súa lingua materna, xunto co apoio e fortalecemento daqueloutras linguas presentes en cada un dos países.

Programa Leer.es

O centro virtual leer.es está dedicado á lectura como ferramenta básica de coñecemento e aprendizaxe en todas as áreas do currículo e as etapas educativas. No  marco do IV Congreso abordaranse algúns dos factores clave para o desenvolvemento da competencia lectora, tales como o coñecemento, por parte do profesorado, da retórica e discursos propios de cada unha das áreas, as medidas necesarias para solucionar as dificultades lectoras ou as novas formas de lectura nos novos medios. Incidirase especialmente na formación do profesorado e na importancia do uso de estratexias que liguen lectura e éxito académico. Será unha excelente ocasión para o intercambio de experiencias e iniciativas de ámbito iberoamericano.

Palabras clave: