Concurso de Proxectos de Educación Viaria
A Dirección Xeral de Tráfico convoca este concurso co obxectivo de potenciar a Educación Viaria nos Proxectos Educativos dos Centros Escolares en Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Especial, así como unha modalidade de Teatro para Persoas con Discapacidade, dentro do ámbito estatal, para o curso escolar 2012/2013.
Bases:
Poderán participar todos os centros educativos de España nos que se impartan ensinanzas non universitarias, conxunta ou separadamente, que presenten proxectos orixinais que foran levados á práctica real e convenientemente avaliados, así como os centros específicos dirixidos a persoas con discapacidade.
Modalidades de participación:
- Modalidade A: elaboración de Proxectos de Educación Viaria.
- Modalidade B: deseño e elaboración de materiais e recursos de Educación Viaria vinculados ás novas tecnoloxías da información e da comunicación.
- Modalidade C: dirixida unicamente a usuarios con algún tipo de discapacidade, escolarizados en centros específicos, integrados en aulas normalizadas, centros ocupacionais ou asociacións diversas. Consistirá na presentación dun guión teatral (escrito e representado).
Prazo de presentación: antes do 20 de xuño de 2013.
Premios:
- Modalidades A e B: tres premios de 2000 €; tres accésits de 1000 €; 5 compensacións de 500 €.
- Modalidade C: Primeiro premio de 2000 €, segundo premio de 1500 € e terceiro premio de 1000 €. Seis accésits de 500 €. Todos os participantes recibirán un pequeno premio.
Para máis información preme no Concurso de Proxectos de Educación Viaria