Dale la vuelta a tu clase. Lleva tu clase a cada estudiante, en cualquier momento y cualquier lugar

(Novidade)
Jonathan Bergman e Aaron Sams. (2014) Biblioteca Innovación Educativa, SM, Madrid.

Cando Enrique se enfronta ás súas tarefas na casa e non atopa relación co que se supón que debe facer e para que, as súas opcións son poucas: pedir axuda se ten oportunidade, chamar un compañeiro, copiar ou simplemente darse por vencido. Ashley, en cambio, pasou a maior parte da súa vida aprendendo a "xogar á escola" e as súas notas son boas porque cumpre os criterios de avaliación, mais estes non reflicten con exactitude o que realmente aprendeu.


Lamentablemente, estes escenarios son comúns e levaron a Aaron Sams e Jonathan Bergmann, profesores dunha escola de secundaria de Colorado, á seguinte formulación: "El momento en que los alumnos necesitan que esté físicamente presente con ellos es cuando se atascan en un tema y necesitan mi ayuda personal. No me necesitan en el aula con ellos para darles contenidos: los pueden recibir por su cuenta. […] ¿Qué pasaría si grabáramos todas nuestras exposiciones, los alumnos vieran el vídeo como “tarea” y luego dedicáramos todo el tiempo de la clase a ayudarlos con los conceptos que no entienden?".


Deste xeito nace o modelo de aprendizaxe para o dominio da clase ao revés, que —sinala Marc Prensky no prólogo— "sustituye el viejo papel educativo de transmitir información por enseñar a los estudiantes a enseñarse a sí mismos".
Este manual práctico en nove capítulos de lectura doada e estrutura sinxela diríxenos cara a un modelo metodolóxico que permite a personalización través dun ensino asincrónico que:

  • Respecta os ritmos e ofrece oportunidades para a nivelación.
  • Ofrece retroalimentación inmediata.
  • Facilita a comprensión e a avaliación por diferentes medios.
  • Aumenta a calidade das interaccións e, o que é máis importante, "fala" o mesmo idioma ca o alumnado.
  • É flexible.
  • Ensina a responsabilizarse da propia aprendizaxe.

Como suxire Karl Fisch "Léelo, cuestiónalo, ponlo en práctica, mejóralo y comparte lo que hayas aprendido". En calquera caso, dálle unha volta á túa clase.


Marta C. Romeo
mcromeo@edu.xunta.es
Asesora do Centro Autonómico de Formación e Innovación
(CAFI)
 

Sección: