
Escrita doada. Consellos para redactar ben
Título: Escrita doada. Consellos para redactar ben
Autor/a: Benxamín Dosil López
Editorial: Xerais
Ano: 2015
Páxinas: 248
Contido:
Con este libro Benxamín Dosil propón recursos e indicacións que servirán para comunicar mellor e, tamén, para estudar con máis axilidade. O autor recolle abundantes aspectos da súa experiencia profesional, enriquecidos coas achegas dos mellores mestres na materia. A obra foi concibida como un manual de consulta que reúne un cento de epígrafes formadas por abundantes exemplos ilustrativos, cadros e gráficos para entender mellor a escasa carga teórica que aconsella sobre as mellores solucións, as máis sinxelas, claras e concisas. Vai acompañado dun glosario con máis de mil cincocentas voces que poden resultar dubidosas na nosa lingua.