Os Dereitos da Infancia
Título: Os Dereitos da Infancia. Dez contos que recrean os principios da Declaración Universal
Autores: VV. AA.
Editorial: Xerais
Ano: 2014
Páxinas: 88
Contido:
En 1959 a ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos do Neno. Dez principios que perseguen garantirlles a todos os nenos e nenas os coidados, a protección e a educación necesarios. Entre outros, o dereito a ser iguais sen distinción de raza ou relixión, a recibir protección especial, a ter un nome e unha nacionalidade, a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas, a recibir educación ou a poder xogar.
Neste libro, dez grandes autores de literatura infantil e xuvenil uniron o seu talento co do ilustrador Emilio Urberuaga e ofrécennos dez contos que recrean os principios recollidos nesa declaración, co obxectivo de lembrar a súa importancia e de darlles a coñecer aos nenos e nenas de hoxe en día uns dereitos fundamentais que desde hai décadas velan pola súa protección e desenvolvemento.
Textos de Agustín Fernández Paz, Eliacer Cansino Macías, Gonzalo Moure Trenor, Daniel Nesquens, Gustavo Martín Garzo, Lorenzo Silva, Mariasun Landa, Gloria Cecilia Díaz, Ana María Shua, Antonio Rodríguez Almodóvar, Begoña Varela Vázquez.
Prólogo de Francesco Tonucci.
LIBRO SOLIDARIO.