10 ideas clave. Enseñar la competencia oral en clase. Aprender a hablar en público

Título: 10 ideas clave. Enseñar la competencia oral en clase. Aprender a hablar en público

Autores: Montserrat Vilà Santasusana e Josep M. Castellà

Editorial: Graó

Ano: 2014

Páxinas: 212

Contido:

Saber falar en público e en situacións formais é unha competencia crucial na formación lingüística e comunicativa das persoas. É fundamental tanto para desenvolverse no ámbito académico como na futura vida social e profesional do alumnado, mais é unha das capacidades máis desatendidas no ensino. Por que é tan importante saber falar en público? E como é posible que se aprenda tan pouco? De feito, pódese aprender? E, en caso afirmativo, como se pode facer?

10 ideas clave. Enseñar la competencia oral en clase inclúe reflexións, propostas e recursos didácticos concretos para o docente e presenta unha estrutura clara que axuda á comprensión de cada unha das ideas que se propoñen. As ideas clave responden a cuestións como: Por que está comunmente aceptado que falar en público é unha actividad social e laboral importante e non se ensina nas escolas e nos institutos? Por que a lingua oral, que é o instrumento principal que permite a organización da vida na aula e a construción común da aprendizaxe, non se converte nun foco de aprendizaxe en si? Por que os problemas principais para falar en público son a emotividade e os nervios, e cal é o papel comunicativo da personalidade, o xesto e a mirada?


 

Sección: