Doce canciones gallegas

Título: Doce canciones gallegas

Autor/a: Begoña Salgueiro e  Brais González

Editorial: Andavira

Ano: 2013 

Páxinas: 52

 

Contido:

Nos anos 50 o crítico musical Antonio Fernández Cid promoveu desde a Deputación de Ourense un curioso proxecto: encargarlle a compositores contemporáneos que elaborasen pezas a partir de textos de autores galegos. Así naceu a colección 12 canciones gallegas, na que se poden atopar poemas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Risco ou Cabanillas acompañados dos sons de Mompou, Montsalvatge, Guridi, Toldrà ou Rodrigo. Este material, inédito ata o momento, ve agora a luz da man do dúo composto pola soprano Begoña Salgueiro e polo pianista Brais Rodríguez, que publican un libro-CD con edicións Andavira.

Sección: