
A cicatriz branca
Título: A cicatriz branca
Título orixinal: A cicatriz branca
Ano: 2012
Nacionalidade: España
Xénero: Drama
Dirección: Margarita Ledo Andión
Elenco: Eva Veiga, Xabier Deive, Lino Braxe, Tamar Novas, Mónica Camaño, Margarita Fernández
Guión: Margarita Ledo Andión
Música: Abe Rábade
Duración: 92 minutos
Sinopse:
Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias como a de Merce, destinada a servir e, entre lusco e fusco, despedida. Sen lugar onde ir nin a quen acudir, Merce pasa tres días e tres noites encrequenada na estación Constitución, onde a súa vida entrenza coa doutras emigrantes. Á par dun traballo nunha fábrica, Merce casa, asiste a clases de contabilidade mais, un bo día, a norma esnaquiza por algo tan simple como cativarse dunha situación que aínda non é quen de nomear.