
Cuando la escuela pretende preparar para la vida
Título: Cuando la escuela pretende preparar para la vida. ¿Desarrollar competencias o enseñar otros saberes?
Autor: Philippe Perrenoud
Editorial: Graó
Ano: 2013
Páxinas: 236
Contido:
Libro esencial que formula as verdadeiras cuestións que nos debemos facer: Son os saberes que se aprenden na escola os máis pertinentes para entender o mundo e actuar? Preparan para os estudos superiores ou para a vida? Nun momento en que a esperanza de vida aumenta, en que as nosas vivencias se diversifican e a sociedade cambia rapidamente, podemos identificar un número limitado de competencias útiles para todos? Non será máis adecuado transmitir saberes e desenvolver actitudes que nos permitan a cada un construír as competencias que cheguemos a necesitar? Estarán condenadas as sociedades democráticas a manter o mesmo currículo, produto dunha dobre negociación entre as expectativas dos consumidores de escola e entre as disciplinas arraigadas?
Ningunha destas preguntas ten unha resposta sinxela, e menos aínda con consenso, pero a socioloxía do currículo permite formulalas e, talvez, inducirnos a un debate serio.