
O refugallo
Título: O refugallo
Autora: Paula Carballeira
Editorial: Xerais-AGADIC Biblioteca Dramática Galega
Ano: 2013
Páxinas: 80
Ilustracións: Dani Padrón
Contido:
Isolda ten un libro de viaxes, Hipatia, un telescopio, Borboronte, unha tartaruga e Lustucrú, unha pata de pau. Os catro viven do refugallo. Os catro xogan a crear un mundo novo a partir do mundo vello e roto da súa contorna, porque son nenas e nenos, e saben ver as cousas doutra maneira.
O refugallo trata sobre a capacidade de fabulación que nos leva a transformar a realidade, a recreala e reinventala coma o teatro, que dá vida a obxectos e personaxes que ata o momento da representación non existían para o público.
Número:
Sección: