
Sopa verde
Título: Sopa verde
Autor/a: Angela Madeira
Ilustrador: Till Charlier
Editorial: OQO Editora
Ano: 2013
Páxinas: 36
Contido:
OQO Editora presenta en galego un tenro relato protagonizado por animais empeñados en facer unha sopa moi verde. Segundo conta a escritora, este relato é, no fondo, a historia de todos, pequenos e adultos pois “a miúdo aferrámonos á seguridade do que coñecemos e tememos experimentar co novo, co descoñecido…E é unha mágoa”
Os máis pequenos poderán xogar cos sabores, as cores e os números…e soñar coas ilustracións cheas de maxia e humor.
Número:
Sección: