Integrated Curriculum for Scondary Education. Social Sciences, years 1 and 2

Título: Integrated Curriculum for Scondary Education. Social Sciences, years 1 and 2

Autores/as: Agudo, M.ª Teresa; Johnston, Colette; Magee, Fionnuala; De la Torre, América; Castillón Vezina, André; López Muñoz, Manuel; Edge, Hilary; Ocaña Aybar, Juan Carlos; Reilly, Teresa; Medrano, M.ª Pilar

Editorial: Secretaría Xeral Técnica. Centro de Publicacións. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Ano: 2013

Páxinas: 156

 

Contido:

O proxecto bilingüe MEC/BC iniciouse en 1996 como experimento único dentro do sistema de educación estatal español. A implantación dun currículo coma este implica, en primeiro lugar, unha actitude na aula moi distinta á da clase de inglés como lingua estranxeira (EFL) tradicional, centrada na aprendizaxe de inglés en vez da aprendizaxe en inglés; en segundo lugar, unha nova metodoloxía para o ensino e a aprendizaxe doutras áreas curriculares en lingua inglesa.

Ademais, o currículo integrado para educación secundaria fixo fincapé de modo sistemático no desenvolvemento das habilidades do alumnado e das estratexias de aprendizaxe, establecendo claramente a aprendizaxe como un proceso ao longo da vida. Este  documento foi elaborado por un grupo de traballo formado por profesores españois e británicos con experiencia no programa e escrito como unha continuación lóxica do currículo integrado para educación primaria. Inclúe unha descrición clara dos contidos de Xeografía e Historia para 1.º e 2.º da ESO, unha definición das habilidades lingüísticas e científicas e dos  obxectivos que os alumnos deben alcanzar, e unha selección de recursos para os profesores.

Esta obra non está dispoñible en formato físico. Pode descargarse na seguinte ligazón

Sección: