Resumen ejecutivo. El alumnado gitano en secundaria
Título: Resumen ejecutivo. El alumnado gitano en secundaria. Un estudio comparado.
Autor/a: Fundación Secretariado Gitano
Editorial: Secretaría Xeral Técnica. Centro de Publicacións . Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en coedición con Fundación Secretariado Gitano
Ano: 2013
Páxinas: 32
Contido:
Este resumo executivo é unha síntese dos principias resultados do estudo El alumnado gitano en secundaria. Un estudio comparado, que nace como resposta á necesidade de contar con datos actualizados sobre a situación educativa do alumnado xitano na etapa de educación secundaria que fosen, ademais, comparables cos datos oficiais existentes para o conxunto da poboación. O obxectivo deste estudo é coñecer a brecha que existe entre a poboación xitana e o conxunto da sociedade e afondar nas variables e nos factores que inflúen no proceso educativo dos nenos e nenas xitanos para seguir avanzando na eliminación das barreiras que están dificultando a plena incorporación da poboación xitana á educación.
Esta obra non está dispoñible en formato físico. Pode descargarse na seguinte ligazón