
Investigación cualitativa en educación musical
Título: Investigación cualitativa en educación musical
Autores: Maravillas Díaz - Andrea Giráldez (Coords.)
Editorial: Graó
Ano de edición: 2013
Páxinas: 142
Contido:
Volume imprescindible tanto para os estudantes como para os profesores de música que estean interesados no ámbito da investigación musical e, máis concretamente, no da investigación en educación musical.
Investigación cualitativa en educación musical expón dun modo accesible e coa axuda de recoñecidos investigadores, unha panorámica actual das posibilidades epistemolóxicas, metodolóxicas e prácticas relativas ao amplo campo da investigación cualitativa. Esta información, profusamente argumentada con importantes referencias bibliográficas, obedece ao interese por documentar e ofrecer unha sólida información en cada capítulo, de xeito que o lector interesado poida profundar nela.
Con esta obra, de carácter eminentemente práctico e didáctico, contribúese a encher o baleiro existente no relativo a manuais de investigación no ámbito da educación musical.